
A actriz Finola Vázquez deixounos o pasado sábado. Nacida en Neda en 1930, a nosa compañeira participou en series como 'Rías Baixas', 'Terras de Miranda', 'Gondar' ou 'El Comisario'. No cinema, interveu en películas como 'Los muertos van deprisa' ou 'Hotel Tívoli'. En 2001, recibiu o Premio Agapi á mellor interpretación feminina de reparto.
Dende a AAAG, lembramos a nosa compañeira Finola Vázquez e mandámoslles todo o noso agarimo aos seus familiares e amizades.