Volver

Publicadas no DOG as táboas salariais para o teatro 2025

O pasado día 13 de marzo publicouse no Diario Oficial de Galicia a resolución do 20 de febreiro de 2025, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación da acta de revisión de táboas salariais para 2025 do Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia.

O acordo foi asinado o pasado 18 de febreiro por Escena Galega e a Agadic, en representación das empresas do sector, e polas organizacións sindicais UXT, CC. OO., CIG e a AAAG en representación dos traballadores do sector:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250313/AnuncioG0767-280225-0006_gl.html

O convenio colectivo afecta a todas as empresas e a todos os actores e actrices contratados por elas que desenvolvan a súa actividade en representacións teatrais en vivo ante os/as espectadores/as, en calquera dos seus xéneros, ben sexa en producións públicas, privadas ou coproducións no ámbito da comunidade autónoma de Galicia. A táboa actual podese consultar nesta ligazón

Podes consultar o convenio nesta mesma páxina web: https://aaag.gal/storage/resources/rates/attachment/5c4318cf-i-convenio-colectivo-de-actores-e-actrices-de-teatro-de-galicia.pdf