Volver

Os Premios María Casares rexistran a maior participación da súa historia ao inscribirse 48 espectáculos e preto de 400 profesionais na súa 29ª edición

Hoxe martes ábrese a primeira quenda de votacións, da que sairán as propostas finalistas nas 16 categorías nas que se dividen os galardóns

Os Premios de Teatro María Casares rexistran a maior participación da súa historia ao inscribirse 48 espectáculos e preto de 400 profesionais na súa 29ª edición, cuxa gala de entrega se celebrará o xoves 3 de abril no Teatro Rosalía Castro da Coruña. A cifra mellora a rexistrada na edición anterior, cando foron 47 os espectáculos e máis de 350 profesionais os concorrentes. Este novo récord nas inscricións acádase no terceiro ano en que os galardóns incrementaron os seus apartados, xa que no 2023 as bases foron modificadas para ampliar o certame ao crear dúas novas categorías: dirección de movemento e espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas.

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), asociación sindical que organiza os galardóns dende a súa posta en marcha en 1997 coa colaboración tradicional de institucións e entidades como a Xunta de Galicia, o Concello da Coruña, a Deputación da Coruña, o Padroado de Cultura do Concello de Narón, a Fundación Aisge, a Fundación SGAE ou Gadis, abrirá hoxe martes a primeira quenda de votacións, da cal sairá a relación de finalistas que optarán aos 16 galardóns nos que se dividen os María Casares: espectáculo, espectáculo infantil, espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas, dirección, dirección de movemento, actriz protagonista, actriz secundaria, actor protagonista, actriz protagonista, texto orixinal, adaptación-tradución, espazo sonoro, espazo escénico, iluminación, maquillaxe e vestiario.

Preto de 500 persoas pertencentes ao sector escénico están chamadas a emitir o seus votos de forma telemática a través da web da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) até o vindeiro luns 17 de febreiro nesta primeira rolda de votacións. Este censo de votantes está conformado polo corpo asociativo da propia AAAG, por gañadoras e finalistas de edicións anteriores, responsables de programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, xornalistas culturais e outros perfís vencellados á nosa escena. A relación de finalistas darase a coñecer na primeira semana de marzo.

Espectáculos inscritos nos XXIX Premios de Teatro María Casares

Espectáculo

Compañía

1

A Cheminea do Apalpador

Jorge Rey Títeres

2

A Cuba!

Títeres Alakrán

3

A Utópica Rodante 'De Vilatristre a Vilalegre'

Teatro o cubo

4

A vendedora de fume

A Cova das Letras

5

A vida, un frenesí

Barafunda

6

Almar

Coiracho Producións

7

Apaga o candil

Contraproducións

8

As formas do amor

Verdeveras Expresións Artísticas

9

As gardiás ou o nó do tecelán

Teatro de Ningures

10

Boa sorte, mala fama

Tarabela Creativa

11

Bulebule

Os Náufragos Teatro

12

Cancións amarelas, flores tristes

Manekineko

13

Circo de Pinocho

Educateatro Producións

14

Cortello de Amor

Amorodio teatro

15

Desexo

Talía Teatro

16

Eu, Fraude!

Paula Pier

17

Gaia Baba, a meiga

Nauta Teatro

18

Go Home

Etiqueta Negra Producións

19

Hexagonum

Troula

20

Historias para unha man

Spaguetti Títeres

21

Iribarne

ButacaZero

22

María Visitación Consolación Amadora

Loia Producións

23

Maruxiña

Aurora Artes Escénicas

24

Moby Dick

Pedras de Cartón

25

Monstros

Producións Teatráis Excéntricas

26

Nada se sabe

Culturactiva Producións

27

Neura, unha comedia neurótico festiva

De Ste Xeito

28

Non pasarán

Ártika Cía

29

Noso

Os Náufragos Teatro

30

O dragón de ouro

Sarabela Teatro

31

O mundo está roto pero pódese camiñar

Contraproducións

32

O Rexurdimento do Divino Sainete

LaGriot’te

33

Os actos e as profecías

Centro Dramático Galego

34

Os contos do Lobicán

Redrum Teatro

35

Pálido Punto Azul

Javier Otero Neira

36

Penélope: destecendo o vínculo

Constance Hurlé

37

Pum! Pum! Quen hai?

Ártika Cía.

38

Rato Pérez

A Xanela do Maxín

39

Rogelio III (La fête)

Assircópatas

40

Romeo e Xulieta. O espectáculo definitivo

Mutismoa Teatro

41

Run Baby Run

Meninas Teatro

42

Sobre o extravío ou a arte de perderse

Furia Sotelo

43

Somos criminais e punto final

Ainé Producións e Condetrespés

44

Territórios de liberdade

Tanxarina e Companhia Certa

45

Testosterona

Malasombra

46

Tolóptica

Código Azul

47

Un gran plan

Olga Abad

48

Vía Morta

Culturactiva Producións