Volver

Admitida a trámite no Parlamento a iniciativa lexislativa popular Liberemos A Galega! Por unha CRTVG ao servizo do pobo

A Mesa do Parlamento admitiu a trámite a Proposición delei, de iniciativa popular, Liberemos aGalega!, por unha CRTVG ao servizo do pobo, rexistrada o pasado 11 desetembro.

A Mesa do Parlamento admitiu a trámite a Proposición delei, de iniciativa popular, Liberemos aGalega!, por unha CRTVG ao servizo do pobo, rexistrada o pasado 11 desetembro. Con este acordo, que declara tamén constituída a comisión promotora,ponse en marcha o proceso para recoller, nun prazo de catro meses, os apoiosprecisos entre a cidadanía galega (mínimo de 10 mil sinaturas). Está previstoque a recollida de asinamentos comece neste mes de outubro e poderíaprorrogarse ata principios de 2025. Unha vez obtidos os apoios pecisos, a ILPserá defendida e votada no Parlamento de Galicia.

A plataforma en defensa dos medios públicos decomunicación, promotora da iniciativa, que agrupa 40 colectivos e organizaciónsdo ámbito audiovisual, social, cultural, político e sindical galego, despregarádurante este tempo unha campaña para conseguir en prazo o obxectivo desinaturas necesarias, coa instalación de mesas informativas por todo o país eunha campaña de difusión nas redes sociais para dar a coñecer en detalle oscontidos da ILP.

Entre as principais propostas desta iniciativa están adesignación por concurso público, tanto da dirección xeral da CRTVG como do seuconsello de administración, que deberán ser aprobados por unha maioríareforzada das 3/5 partes do Parlamento galego. Apóstase tamén polodesenvolvemento do estatuto profesional e do consello de informativos comoferramentas para intentar garantir o pluralismo e a independencia dasprofesionais dos medios públicos, ao tempo que se defende unha especialatención á programación infantil e xuvenil, o dereito de acceso de todos osgrupos sociais, a promoción e defensa da identidade de Galicia e a súa lingua,o fomento da produción propia e a conservación e custodia do patrimonioaudiovisual galego, entroutras medidas para defender uns medios públicos decalidade e ao servizo da cidadanía.

Esta ILP bate frontalmente co anteproxecto de lei de mediosdo Partido Popular que elimina todo tipo de garantías do pluralismo ideolóxico,protección da lingua, produción propia ou regulamentos internos coma o estatutoou o consello de informativos para evitar a manipulación informativa.

A Mesa pola Normalización Lingüística, Anova-Irmandade Nacionalista, Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Asociación de Escritores en LIngua Galega, Asociación de Gaiteiras Galegas, Asociación de Profesionais da Rama Artística e da Dobraxe de Galicia APRADOGA, Asociación Lucenza Nigrán, Asociación pola Defensa da Ría, Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Avante LGTB+, BNG, Comité Intercentros CRTVG, CCOO, CGT, CIG, CUT, Defende a Galega, Erguer, Esculca, Federación Rural Galega (FRUGA), Fundación Luís Tilve, Fundación Moncho Reboiras, InvestiGal-Rede Galega pola Investigación, Mulheres Nacionalistas Galegas, Músicas ao vivo, Plataforma Feminista Galega, Plataforma Queremos Galego, Plataforma SOS Sanidade Pública, Plataforma Veciñal Mina Touro-O PINO NON, PSdeG-PSOE, REDE (Federación Galega de Asociacións de Familiares e Usuarias de Residencias e da Dependencia), Sindicato Ferroviario, Sindicato Labrego Galego, SOS Ficción en Galego, UGTGalicia, Vía Galega.