A Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG), en colaboración coa Fundación SGAE e CREA (Asociación galega de profesionais da dirección e realización), organiza de novo o curso de interpretación “Do guión á rodaxe”, froito do éxito recollido na anterior edición. Impartido por Fernando Tato, actor, director e guionista; o curso está dirixido a actores, actrices, guionistas e directores/as; buscándose atopar un espazo común de comunicación e traballo dende os tres puntos de vista.
O curso terá lugar na Sala Materna en Santiago de Compostela os días 13, 14, 20 e 21 de xuño. Contando coa colaboración da AAAG e CREA. “Do guión á rodaxe” busca romper as barreiras entre cada departamento e que tódalas partes aprendan dos seus respectivos compañeiros e compañeiras.