Volver

Comunicado ConArte. A patronal do audiovisual impide a actualización de salarios do audiovisual

Comunicado de ConARTE sobre a Mesa so Convenio estatal de actores e actrices de audiovisual

ConArte, xunto cos outros sindicatos representados na Mesa do Convenio estatal de actores e actrices de audiovisual, dixemos BASTA!!!

Desde finais do mes de xaneiro os sindicatos propuxemos e buscamos acordos razoables para ambas as partes, que preserven uns mínimos para os compañeiros e compañeiras do sector.

A patronal NON NEGOCIA. Non busca ACORDOS RAZOABLES. Dilatou a subida salarial inxustamente para aforrarse máis de medio ano de actualización salarial, para finalmente “aceptar” a aplicación da subida dos salarios polo importe do IPC do ano 2023, é dicir o 3'1%.

Pero condicionado a que aceptemos que no novo Convenio se limite a cláusula de revisión automática do IPC a un máximo de subida do 2%. Iso é NON QUERER CHEGAR A ACORDOS E ROUBAR aos TRABALLADORES o seu PODER ADQUISITIVO.

Non aceptar a nosa boa predisposición a modificar a cláusula de revisión automática incluíndo un mínimo do 1% e un máximo do 4% é NON QUERER CHEGAR A ACORDOS.

Cos salarios de actores e actrices NON SE XOGA. Non somos unha mercadoría. Connosco pódese chegar a ACORDOS RAZOABLES para ambas as partes.

Estamos xa a mediados de abril e seguimos sen actualización de táboas salariais nun sector xa precarizado de seu, tal e como se mostra no informe elaborado polos compañeiros de AISGE.

A Patronal dilatou, desde finais de 2019, as negociacións para un novo Convenio do Audiovisual fundamentalmente para incluír, entre outros aspectos, un anexo específico para publicidade.

Por iso dicimos BASTA, ata aquí chegamos, NON NOS DEIXAN OUTRA ALTERNATIVA que acudir á SIMA (Servizo Interconfederal de Mediación e Arbitraxe) para iniciar un procedemento de conflito colectivo.

Desde ConArte seguiremos a traballar para conseguir acordos razoables coa Patronal. Pero polo momento dicimos BASTA ás súas chantaxes continuas contra o mantemento do noso poder adquisitivo.