Volver

5º Informe sociolaboral de AISGE: só o 7% da profesión actoral supera os 30.000 euros anuais e o 77% ingresa menos de 12.000 ao ano

O informe tamén recolle datos sobre a brecha salarial: os ingresos anuais dos artistas masculinos son unn 40% máis elevados que os das súas compañeiras.

A Fundación AISGE vén de facer pública unha nova edición do seu Informe sociolaboral de actores e actrices e bailaríns en España. Os datos recollidos indican que só o 7% do sector interpretativo superou os 30.00 euros de ingresos anuais e que o 77% do gremio ingresa menos de 12.000 euros. Un 72% atoparíase por baixo do limiar da pobreza. A cifra ficaría no 44% se computamos incluso as outras fontes de alternativas de ingresos.

Por outra banda, o informe tamén recompiladatos sobre a brecha salarial: os ingresos anuais dos artistas masculinos son un 40% máis elevados que os das súas compañeiras. Tamén é menor o cómputo anual de días traballados no sector artístico: 62 xornadas elas e 70, eles. As mulleres cun segundo emprego máis aló do interpretativo ascenden ao 54%, mentres na bancada masculina acaba por se situar nun 49%.

O informe tamén detalla as diferenzas de ocupación e mais de ingreso por disciplinas. Segundo as cifras facilitadas pola Fundación AISGE, o sector audiovisual ofrece mellores retribucións (294 euros de media por día traballado), seguido pola publicidade (238). No teatro, a contía queda en 108 euros e na danza, en 79 euros. En canto á ocupación, o teatro ofrece máis días de traballo ao longo do ano en comparanza co audiovisual: 75 fronte a 35.

AISGE, para elaborar este informe, utilizou dúas fontes diferentes. A primeira, a realización dunha masiva enquisa en liña na que participaron 3.410 artistas, un 39% das persoas asociadas a AISGE residentes en España. A segunda, grupos de discusión realizados en varias cidades, con artistas de distintos sectores profesionais e segmentos de idade.

Podes consultar máis información no portal de AISGE a través desta ligazón