Volver

Charla informativa sobre a Seguridade Social e artistas

O vindeiro martes, 6 de febreiro, ás 16.30 horas, a AAAG ofrecerá no Edificio SGAE. Parque de Vista Alegre, 2A. Santiago de Compostela unha charla informativa ao respecto de diferentes aspectos que inflúen na vida laboral e nas prestacións de actores e actrices, así como de directores e directoras de escena.

O vindeiro martes, 6 de febreiro, ás 16.30 horas, a AAAG ofrecerá no Edificio SGAE. Parque de Vista Alegre, 2A. Santiago de Compostela unha charla informativa ao respecto de diferentes aspectos que inflúen na vida laboral e nas prestacións de actores e actrices, así como de directores e directoras de escena. Principalmente, abordaranse a compatibilidade de xubilación co traballo artístico e a posibilidade da cotización en períodos de inactividade. A explicación correrá a cargo de Jesús Couceiro Bueno, xefe de Área de Inscrición e Afiliación da Oficina da Seguridade Social de Santiago. Couceiro, quen xa colaborou en diferentes ocasións aclarando dúbidas a diferentes asociados e participando en charlas informativas, tamén dedicará parte do encontro do vindeiro martes a aclarar consultas individuais sobre os seguintes aspectos:

Compatibilidade da xubilación co traballo artístico. Dende o 1 de abril de 2023, tras a aprobación do Real Decreto-Lei 1/2023, resulta posible compatibilizar a totalidade da prestación de xubilación co 100% das retribucións percibidas pola actividade artística. A compatibilidade entre prestación de xubilación e as retribucións atopábase regulada xa polo artigo 249.4 da Lei Xeral da Seguridade Social. Non obstante, até o ano pasado non resultaba posible compaxinar ambos os dous conceptos na súa totalidade.

Na actualidade, para poder acollerse a esta medida e compaxinar así a prestación e os salarios, cómpre realizar unha serie de trámites de comunicación coa Seguridade Social. Os procedementos que se deben levar a cabo, así como os pasos que deben dar as empresas para contratar intérpretes con xubilación ou os atrancos que as veces se están a atopar serán os aspectos que se tratarán neste apartado da charla.

Cotización en períodos de inactividade. Neste encontro informativo tamén regresaremos ás particularidades para a cotización de artistas recollidas no Real Decreto-Lei 26/2018, polo cal se aprobaron medidas de urxencia sobre a creación artística e a cinematografía. No seu título II, introduciuse a posibilidade de cotización de artistas en espectáculos públicos durante períodos de inactividade. As fórmulas para levala á práctica, a repercusión no referente á xubilación ou os trámites que cómpre desenvolver coa Seguridade Social abordaranse neste encontro informativo.