
Os compañeiros/as da AADPC (Associació d'Actors e Directors Professionals de Catalunya) comparten con nós a través de ConArte unha guía sobre os procesos que permiten compatibilizar o 100% da xubilación coa actividade artística, que podedes consultar AQUÍ
Este dereito para os profesionais da interpretación (e outros eidos da creación artística) conseguiuse ao comezo deste ano coa aprobación da Real Decreto-lei 1/2023.
Con todo, a súa aplicación polo INSS está a ser algo tortuosa polo que vos aconsellamos que se estades no caso, comuniquedes a situación seguindo os pasos da guía. Desde os servizos xurídicos da Confederación estamos a velar para que a súa aplicación sexa inmediata e completa.
Grazas aos e as compañeiras da AADPC por facelo posible.