Volver

Lectura Dramatizada "Bailar no ceo"

O martes 10 de xaneiro, ás 20h, no Salón Teatro de Santiago de Compostela, levaremos a escena en formato lectura o texto de Ana Abad de Larriva

Bailar no ceo é o texto desenvolvido dentro do programa da II Bolsa de dramaturxia e creación impulsada pola Agadic a través do Centro Dramático Galego. A AAAG coordina esta lectura dramatizada que será dirixida por Gena Baamonde e interpretada por Cora Velasco, María Roja e Roberto Leal.

Bailar no ceo é unha peza que ten como vontade destacar a capacidade da arte para liberar e para unir as persoas, así como contribuír a poñer en valor as figuras pioneiras da aviación civil en Galicia e as exhibicións aéreas como espectáculos de artes escénicas.

A lectura pretende ser unha mostra para que as compañías interesadas en participar no proceso de selección de proxectos convocado pola Agadic para a contratación, en réxime de coprodución, dun espectáculo teatral no ano 2023 poidan ter unha primeira aproximación ao texto.

As bases para a presentación de propostas foron publicadas o 2 de xaneiro e o prazo de presentación de propostas remata o día 23 deste mesmo mes. Podedes consultalas nesta ligazón http://www.agadic.gal/gfx/Blog/files/bolsa_creacion_convocat_2023_asdo.pdf