Volver

Formularios de inscrición para os roteiros María Casares: A súa infancia na Coruña

Etiquetas:

Os 18 de xuño e o 2 de xullo colaboramos co Concello da Coruña na organización de dous roteiros por lugares significativos da infancia da actriz na cidade

PRAZAS ESGOTADAS. MOITAS GRAZAS POLO INTERESE

Cada un dos roteiros conta con 30 prazas cada un e saída puntual da Casa Museo Casares Quiroga ás 12:00h, cunha duración estimada de dúas horas e é preciso inscribirse previamente neste formulario para o 18 de xuño https://forms.gle/eTspoPoC5RrYJBvG9 e neste outro para o 2 de xullo https://forms.gle/vPp7DwCnTm72K7F58

Os roteiros serán guiados por Emilio Grandío (profesor titular de Historia contemporánea da USC) e María Lopo (Doutora en filoloxía francesa e experta na figura de María Casares) e contarán coa intervención da actriz Matilde Blanco e o actor Gonzalo Uriarte, que farán un percorrido polos lugares significativos da infancia na Coruña de María Casares.

Tedes AQUI a información da ruta e das participantes