Volver

A partir do 1 de xaneiro entra en vigor a actualización de tarifas pactada na Mesa Paritaria do Convenio Colectivo de Actores e Actrices de Galicia

O acordo resultou nun incremento do 7% das tarifas actualmente vixentes aplicable o 1 de xaneiro de 2021, e outro incremento do 3% aplicable o 1 de xullo de 2021.

No seo da Mesa Paritaria do Convenio Colectivo de Actores e Actrices de Teatro de Galicia, conformada pola AAAG, Escena Galega, CIG, UXT, CCOO e Agadic, acordouse o pasado 14 de decembro unha actualización das tarifas, que levaban sen revisar dende o 2017. O acordo resultou nun incremento do 7% das tarifas actualmente vixentes aplicable o 1 de xaneiro de 2021, e outro incremento do 3% aplicable o 1 de xullo de 2021. A táboa pódese consultar nesta ligazón.

Lembramos que o noso convenio, segundo o seu artigo 1º, referente ao ámbito funcional, afecta “a todas as empresas e a todos os actores-actrices, no sucesivo denominados artistas neste documento, contratados por aquelas, que desenvolvan a súa actividade en representacións teatrais en vivo ante os/as espectadores/as, en calquera dos seus xéneros, ben sexa en producións públicas, privadas ou coproducións”.