Volver

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia prepara unha gala monstruosa para os XV Premios de Teatro María Casares

O espectáculo de variedades do estraño circo do Doutor Crisé será o fío condutor da Gala de entrega dos XV Premios de Teatro María Casares que se celebrarán o vindeiro mércores 23 de marzo, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña dende as 20:30 horas. O Teatro Rosalía de Castro acollerá a gran festa do teatro galego, na que se darán a coñecer os gañadores nas trece categorías a concurso. Un circo cheo de seres fantásticos será o encargado de levar adiante o espectáculo A dirección conxunta do espectáculo corre a cargo de Carlos Sante e de Juanillo Esteban. A dirección musical será de Gastón Rodríguez; a idea orixinal e guión, de Willy Éter; Suso Montero é o autor da imaxe gráfica da gala así como do deseño da escenografía e vestiario; produción executiva e coordinación xeral de Marta Horjales. Gonçalo Guerreiro (caracterizado como o Doutor Crisé) será o presentador acompañado por Pedro Brandariz (como o seu axudante Casemorro). No elenco tamén haberá bailarinas (Nuria Sotelo e Ángela Blanco), actrices (Sue Moreno, Yolanda Paz, Vanessa Maceiras e Irene Liaño), trapecistas (Girisho Gordon e Raquel Veganzones) acróbatas (Fredi Muiño e Pablo Reboleiro); monologuista (Juanillo Esteban); e clown (Johnny Melville). Os músicos da cerimonia serán: Gastón Rodríguez, Fernando Lamas, Ricardo Marcos Casás e Juan Tinaquero. [caption]>[/caption]

A nova nos medios<a   href= Xornal de Galicia La Opinión Web do Concello da Coruña El ideal Gallego La Voz de Galicia