Volver

“ACtúa”, programa de formación teatral para profesionais

O Programa "ACtúa", de formación teatral para profesionais, organizado pola CasaHamlet, Manicómicos e Teatro do Andamio, en colaboración coa Concellaría de Cultura e a Deputación da Coruña, ten aberto o prazo de inscrición e o seguinte calendario de actividades: - 19, 20, 21, 26 e 27 de xaneiro: "A arte do actor e o proceso creativo", por Óscar Codesido. - Do 7 ao 10 de febreiro: "Da interpretación teatral á interpretación para cámara", por Mariana Carballal. - Do 21 de febreiro ao 4 de marzo: "Curso de interpretación", por John Strasberg. - Do 14 ao 17 de marzo: "O teatro en espazos alternativos", por Alberto Romero. - Do 28 de marzo ao 1 de abril: "Do monólogo ao diálogo", por Olga Magaña. - Do 11 ao 16 de abril: "Obxecto, espazo, acción", por José Luis Raymond. - Do 27 de abril ao 1 de maio: "A expresión do clown", por Michele Dallaire. - Do 9 ao 12 de maio: "A voz na expresión teatral", por Santiago Fernández e Manuel Lourenzo. Máis información no programa adxunto ou en http://acorunacultura.org/2011/01/04/actua-programa-de-formacion-teatral-para-profesionais/