Volver

Quico Cadaval dirixe a segunda das Lectura Dramatizadas organizada pola SGAE e a AAAG

Mañá martes 14 de novembro ás 21.00 horas no edificio da Fundación SGAE, Quico Cadaval dirixirá 'A Arañaeira', texto de Raúl Dans

Por iniciativa do Consello Territorial da SGAE en Galicia, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) colabora coa Fundación SGAE na organización de dúas lecturas dramatizadas en Santiago de Compostela dentro do XXI Ciclo de Lecturas Dramatizadas, promovido pola SGAE a nivel estatal e que ten como obxectivo promocionar os autores para a difusión das súas obras, así como apoiar os dramaturgos e estimular a creación. Ambas as dúas lecturas son de acceso gratuíto.

Tras a celebración da semana pasada da Lectura de 'Atrevereime', dirixida por Cristin Domínguez, mañá martes ás 21.00 horas será a quenda de 'A arañeira', texto de Raúl Dans dirixido por Quico Cadaval e interpretado por Vicente Mohedano, Rebeca Montero e María Roja. As entradas son de balde.

A Arañeira, texto de Raúl Dans, trata do que lle acontece a Adela, unha muller que leva aparentemente unha vida plena. De súpeto, unha descoñecida preséntase na súa casa da praia para contar o segredo sobre o que se fundamenta todo o seu mundo.

Día: Martes, 14 de novembro ás 21.00 horas.

Lugar: Sala Germán Coppini. Fundación SGAE (Rúa Salvadas, 2A. Santiago)

Dirección: Quico Cadaval

Intérpretes: Vicente Mohedano, Rebeca Montero e María Roja.