A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) vén de anunciar os nomes dos/as nomeados/as aos XX Premios María Casares, a gran festa do teatro cuxa gala se celebrará o próximo 30 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Os espectáculos finalistas nas catorce categorías coas que contan os Premios déronse a coñecer na Festa dos Nomeados, deste 2016, ano no que os galardóns organizados pola AAAG chegan á súa vixésima edición. O Salón Teatro de Santiago acolleu esta tarde o acto, presentado pola actriz e vogal da entidade Nieves Rodríguez, ao que acudiron a maior parte dos/as profesionais nomeados/as deste 2016, ano no que se realiza por vez primeira o proceso de votación de forma dixital a través da páxina web da AAAG. Rodríguez, ademais, subliñou que durante a inscrición aos premios, “un total de 38 espectáculos e máis de 300 profesionais” presentaron as súas candidaturas.
En total de 14 espectáculos acadaron algunha nomeación nos catorce apartados nos que se dividen os María Casares: mellor maquillaxe, mellor vestiario, mellor iluminación, mellor música orixinal, mellor adaptación-tradución, mellor texto orixinal, mellor escenografía, mellor actriz secundaria, mellor actor secundario, mellor actriz protagonista, mellor actor protagonista, mellor dirección, mellor espectáculo e ao mellor espectáculo infantil.
O principio de Arquímedes, de Teatro do Atlántico, convértese neste 2015 na produción con maior número de finalistas, ao obter un total de 8 nomeacións. Pola súa banda, Ensaio sobre a cegueira, de Sarabela Teatro, aspira a 7 galardóns e Presidente, de Teatro do Morcego, acada 5 nomeacións. Ademais, estas tres montaxes disputaranse o premio ao mellor espectáculo.
Xardín suspenso, do Centro Dramático Galego, e Manawee, de Matrioshka Teatro, acadaron ambas as dúas 4 nomeacións, mentres que Noiteboa, de Redrum Teatro, e Panamericana, de A Panadería, optan a 3 galardóns.
Pola súa parte, Calypso, de Voadora; O Furancho, de Ibuprofeno Teatro, e Unha poucas picadelas, de Teatro de Ningures, acadaron 2 nomeacións cada unha delas. Finalmente, cunha nomeación atópanse 30 e tantos ósos (Aporía Escénica), Feo! (Caramuxo Teatro), O Crédito (Eme2 Producións) e Jim e Illa do Tesouro (Eme2 Producións)
Cada espectáculo aspira aos premio nas seguintes categorías (entre parénteses, número de nomeacións):
1. O Principio de Arquímedes (8): espectáculo, dirección, actor protagonista, actor secundario, adaptación-tradución, escenografía, iluminación e música orixinal.
2. Ensaio sobre a cegueira (7): espectáculo, actriz protagonista, actor secundario, adaptación-tradución, escenografía, iluminación e maquillaxe.
3. Presidente (5): Espectáculo, dirección, actor secundario, actriz secundaria, texto orixinal.
4. Xardín Suspenso(4): actriz protagonista, escenografía, iluminación, música orixinal.
5. Manawee (4): espectáculo infantil, actriz secundaria, maquillaxe, música orixinal.
6. Noiteboa (3): dirección, actriz protagonista e texto orixinal.
7. Panamericana (3): actriz secundaria, texto orixinal e vestiario
8. Calypso (2): maquillaxe e vestiario
9. Unhas poucas picadelas (2): actor protagonista e adaptación-tradución
10. O furancho (2): texto orixinal e vestiario
11. Jim e illa do tesouro (1): Espectáculo infantil
12. O Crédito (1): actor protagonista
13. Feo! (1): espectáculo infantil
14. 30 e tanto ósos (1): Texto orixinal
Durante a súa intervención, a vicepresidenta da AAAG, Mabel Rivera, destacou a calidade das obras desta edición, ademais de sinalar que este ano celébranse vinte anos de gala e o vinte cabodano da actriz María Casares. Empregando palabras da actriz que dá nome os premios, Rivera sinalou que “o teatro é a patria que escollemos todos e todas os que formamos esta profesión, unha patria que compartimos co público e coa sociedade”. Finalmente, Rivera subliñou que esta Festa dos Nomeados/as celébrase por vez primeira no Salón Teatro, sede do Centro Dramático Galego. Aproveitando a ocasión e que a institución conta cunha nova dirección, Rivera ofreceu a AAAG para traballar por un CDG ao que lle convén unha serie de “reformas”.
NOMEADOS/AS XXPREMIOS MARÍA CASARES
candidat@ | Espectáculo | compañía |
Fany Bello | Calypso | Voadora |
Raquel Fidalgo | Ensaio sobre a cegueira | Sarabela Teatro |
Trini F. Silva | Manawee | Matrioshka Teatro |
Mellor Vestiario | ||
candidat@ | Espectáculo | compañía |
Fany Bello | Calypso | Voadora |
Marián Bañobre | O Furancho | Ibuprofeno Teatro |
Uxía P. Vaello | Panamericana | A Panadaría |
| ||
Mellor Escenografía | ||
candidat@ | Espectáculo | compañía |
Baltasar Patiño | O Principio de Arquímedes | Teatro do Atlántico |
Carlos Alonso | Xardín suspenso | Centro Dramático Galego |
Suso Montero | Ensaio sobre a cegueira | Sarabela Teatro |
| ||
Mellor Iluminación | ||
candidat@ | Espectáculo | compañía |
Afonso Castro | Xardín suspenso | Centro Dramático Galego |
Baltasar Patiño | Ensaio sobre a cegueira | Sarabela Teatro |
Baltasar Patiño/Xúlio Lago | O Principio de Arquímedes | Teatro do Atlántico |
| ||
Mellor Música Orixinal | ||
candidat@ | Espectáculo | compañía |
Anxo Graña | O Principio de Arquímedes | Teatro do Atlántico |
Manuel Riveiro | Xardín suspenso | Centro Dramático Galego |
Mónica de Nut, Vadim Yukhnevich e Javi Bermejo | Manawee | Matrioshka Teatro |
| ||
Mellor Adaptación/Tradución | ||
candidat@ | Espectáculo | compañía |
Afonso Becerra | O Principio de Arquímedes | Teatro do Atlántico |
Ánxeles Cuña Bóveda | Ensaio sobre a cegueira | Sarabela Teatro |
Xosé Manuel Pazos | Unhas Poucas Picadelas | Teatro de Ningures |
| ||
Mellor Texto Orixinal | ||
candidat@ | Espectáculo | compañía |
Alex Sampayo e Borja F. Caamaño | Noiteboa | Redrum Teatro |
Areta Bolado | Panamericana | A Panadaría |
Diana Mera, Merche Pérez, Teté García | 30 e tantos ósos | Aporía Escénica |
Jose Prieto | Presidente | Teatro do Morcego |
Santiago Cortegoso | O Furancho | Ibuprofeno Teatro |
| ||
Mellor Actriz Secundaria | ||
candidat@ | Espectáculo | compañía |
Anabell Gago | Manawee | Matrioshka Teatro |
Areta Bolado | Panamericana | A Panadaría |
Iolanda Muíños | Presidente | Teatro do Morcego |
| ||
Mellor Actor Secundario | ||
candidat@ | Espectáculo | compañía |
Alberto Rolán | O Principio de Arquímedes | Teatro do Atlántico |
César Goldi | Presidente | Teatro do Morcego |
Josito Porto | Ensaio sobre a cegueira | Sarabela Teatro |
| ||
Mellor Actriz Protagonista | ||
candidat@ | Espectáculo | compañía |
Fina Calleja | Ensaio sobre a cegueira | Sarabela Teatro |
Mela Casal | Noiteboa | Redrum Teatro |
Melania Cruz | Xardín suspenso | Centro Dramático Galego |
| ||
Mellor Actor Protagonista | ||
candidat@ | Espectáculo | compañía |
Antonio Durán "Morris" | O Crédito | eme2 producións |
Machi Salgado | Unhas Poucas Picadelas | Teatro de Ningures |
Toni Salgado | O Principio de Arquímedes | Teatro do Atlántico |
Mellor Dirección | ||
candidat@ | Espectáculo | compañía |
Alex Sampayo | Noiteboa | Redrum Teatro |
Jose Prieto | Presidente | Teatro do Morcego |
Xúlio Lago | O Principio de Arquímedes | Teatro do Atlántico |
Mellor Espectáculo Infantil | ||
| candidat@ | compañía |
| Feo! | Caramuxo Teatro |
| Jim e a illa do tesouro | eme2 producións |
| Manawee | Matrioshka Teatro |
Mellor Espectáculo | ||
| candidat@ | compañía |
| Ensaio sobre a cegueira | Sarabela Teatro |
| O Principio de Arquímedes | Teatro do Atlántico |
| Presidente | Teatro do Morcego |