As obras que acaparan maior número de nomeacións son ‘O tolleito de Inishmaan’, de Contraproducións e FIOT Carballo, que aspira a 11 galardóns, e ‘Eroski Paraíso’, de Chévere, que opta a 8. Pola súa banda, ‘Raclette’, de Ibuprofeno Teatro, e ‘Voaxa e carmín, de ButacaZero, optan a 5 María Casares
Novas
Todas as novidades sobre os premios
Aberta até o 19 de febreiro a primeira rolda de votacións dos XXI Premios de Teatro María Casares
Un total de 44 espectáculos e máis de 400 profesionais concorren aos XXI Premios María Casares. O censo de votantes confórmanse por máis de 450 profesionais do sector escénico. O proceso de votación rematará o 19 de febreiro e del sairán os nomeados/as
Abre o prazo de inscrición para os XXI Premios de Teatro María Casares
O prazo para a inscrición de espectáculos abre este xoves 22 de decembro e pechará o próximo 11 de xaneiro. Poderán concorrer todas as producións de actor en lingua galega estreadas ao longo do ano 2016. O proceso realizarase en exclusiva a través da aplicación en liña incluída na web da AAAG. A gala celebrarase o 29 de marzo.
A gala dos XX Premios María Casares ao completo
Non puideches ver a gala dos XX Premios de Teatro María Casares? Non te preocupes. Xa está dispoñible a gala ao completo. PREME AQUI PARA ACCEDERES Á GRAVACIÓN DA TVG
Os XX Premios de Teatro María Casares xa teñen gañador@s!
‘O principio de Arquímedes’, de Teatro do Atlántico leva cinco María Casares, incluídos o de director e mellor espectáculo. ‘Xardín suspenso’, do Centro Dramático Galego, leva tres. Feo!, de Caramuxo Teatro faise co premio ao mellor espectáculo infantil. Melania Cruz e Mela Casal comparten ex aquo o premio á mellor actriz protagonista
A gala dos María Casares será un musical festivo para celebrar o vixésimo aniversario dos premios e o centenario das Irmandades da Fala
O grupo Chévere, Premio Nacional de Teatro, conducirá a gala que se celebrará este mércores 30 de marzo no Teatro Rosalía da Coruña, que abrirá as portas aos convidados ás 20.15 horas. Será retransmitida en streaming na web da TVG e en diferido na TVG.
Suso Montero encárgase da escenografía na que os panos e a ambientación son elementos clave que acompañarán os nove intérpretes e cinco músicos participantes na gala
A xornalista Montse Dopico lerá o Manifesto Galego no Día Mundial do Teatro
'Existe o teatro galego?' Dese xeito, Montse Dopico titula o manifesto que lerá o próximo 30 de marzo no Teatro Rosalía da Coruña durante a gala dos XX Premios de Teatro María Casares
A Revista Galega de Teatro, Premio de Honra Marisa Soto 2016
O galardón recoñece a traxectoria da histórica publicación e será entregado no transcorrer da gala dos premios de teatro o mércores 30 de marzo no Teatro Rosalía da Coruña
Chévere conducirá a gala dos XX Premios de Teatro María Casares
A compañía proporá unha gala musical na que intervirán un total de 14 artistas no escenario. A cerimonia dos galardóns do teatro celebrarase o 30 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña