Volver

Un total de 38 espectáculos e máis de 300 profesionais inscríbense nos XXV Premios de Teatro María Casares

A primeira rolda de votacións xa está aberta a un censo de votantes conformado por máis de 450 profesionais do sector escénico. A finais de xuño daranse a coñecer a relación de finalistas das catorce categorías nas que se estruturan os galardóns.

Un total de 38 espectáculos e máis de 300 profesionais concorren aos XXV Premios de Teatro María Casares, galardóns organizados de forma anual pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) coa colaboración habitual de institucións e entidades como son a Xunta de Galicia, o Concello da Coruña, a Deputación da Coruña, Fundación SGAE, Fundación AISGE ou Gadis. O proceso de inscrición, realizado integramente a través da web da AAAG, finalizou o pasado 14 de maio rexistrando unha gran participación Estas 38 montaxes postúlanse nas catorce categorías nas que se dividen os premios: maquillaxe, vestiario, iluminación, escenografía, música orixinal, texto orixinal, adaptación-tradución, actor secundario, actriz secundaria, actor protagonista, actriz protagonista, dirección, espectáculo e espectáculo infantil.

Tras a fase de inscrición, a AAAG inicia hoxe a primeira rolda de votacións, aberta xa a un censo formado por máis de 450 profesionais do sector das artes escénicas. Dese xeito, ademais do colectivo de membros da AAAG, poderán votar responsables da xestión e programación cultural, xornalistas, críticos e as persoas finalistas en edicións anteriores. Das súas votacións, sairán os espectáculos e profesionais finalistas en cada unha das catorce categorías, que se darán a coñecer a finais do mes de xuño

Os Premios de Teatro María Casares entregáronse por vez primeira en 1997 e dende aquela son o gran escaparate do teatro, así como a gran festa para toda a profesión teatral. Este ano, a entrega celebrarase o vindeiro 9 de setembro no Teatro Rosalía Castro, tras a decisión de adiar a súa data habitual no mes de marzo pola situación sanitaria. Ese día entregarase ademais o Premio de Honra Marisa Soto, que se lle concede cada ano como homenaxe a unha persoa ou a unha entidade, e lerase o Manifesto Galego no Día Mundial do Teatro, que neste insólito 2020 redactou o actor Evaristo Calvo.

Espectáculos inscritos nos XXV Premios de Teatro María Casares

Espectáculo

Compañía

Ferro, Federici

ABAR

Entelequias

Abismo Caracol

Anxos abandonados en mosaicos despois do combate

Anómico Teatro

Illas desertas

Artesa Cía

Ris Ras

Baobab Teatro

32m²

ButacaZero

Clausura do Amor

Cámara Negra Teatro

Catro

Caramuxo Teatro

PYKA (O corazón na eclipse)

Cinema Sticado

Aibō

Compañía Eléctrica

O electo

Contraproducións

Feminísssimas

De Ste Xeto producións

Guerra de identidade

DeuVe

Dreaming Juliet

Elefante Elegante

O candil. Un musical galego

Escolga Galega de Teatro Musical

Carabela

Galeatro

O mel non caduca

Ibuprofeno Teatro

Microspectivas dun marica millennial

Incendiaria

O Premio

La Quintana Teatro

SÓS

Malasombra

Bailar agora

Marta Alonso Tejada

Lixo

O Baúl da tía Tola

12 uvas, 2 mulleres e 1 oliva

Olivas Negras

Pura

Os Náufragos Teatro

Lázaro de Tormes

Pedras de Cartón

Os nenos da varíola

Pérez&Fernández

Estrela do día

Producións Teatráis Excéntricas

O mozo da última fila

Redrum Teatro

A lingua das bolboretas

Sarabela Teatro

O libro da selva

Teatro Avento Producións

Poeta en Nova York

Teatro baixo da area

O Monte das Aras

Teatro de Ningures

A conquista da escola de Madhubai

Teatro do Atlántico

As virxes salvaxes

Teatro do Noroeste

Palabras en Pedra

Teatro en Punto

Pinocchio

Teatro Ghazafelhos

O estraño caso do Dentista da rúa Brasov

Troula Animación

Crónica dunha heterosexual insatisfeita

Verdeveras Expresións Artísticas