Los premios
Toda la información sobre los María Casares.
Os premios
Os Premios de Teatro María Casares, de periodicidade anual, foron creados en 1997 pola AAAG a fin de servir de estímulo e recoñecemento ao labor desenvolvido pola profesión teatral.
Optan aos Premios María Casares as producións teatrais estreadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano anterior á súa concesion, así como todo o corpo profesional participante nas citadas montaxes.
A Gala de entrega dos Premios María Casares celébrase no Teatro Rosalía de Castro da Coruña en datas próximas ao Día Mundial do Teatro, o 27 de marzo. Entre 2020 e 2022 esta data viuse alterada. Conta coa inestimábel colaboración do Concello da Coruña, cidade da que a actriz María Casares é filla predilecta.
Os votantes e as categorías
O censo de votantes congrega - ademais do colectivo de membros da AAAG - a responsábeis da xestión e programación teatral, profesionais da crítica, etc. Ademais, adquiren dereito a voto as persoas e entidades nomeadas nas edicións anteriores. En total preto de 500 profesionais das artes escénicas.
Os galardóns constan de dezaseis categorías ou apartados representativos do traballo realizado antes e despois de o pano ser levantado.
As categorías premiadas son:
- Maquillaxe
- Vestiario
- Iluminación
- Espazo escénico (Dende a XXVII edición. Anteriormente Escenografía)
- Espazo sonoro (Dende a XXVII edición. Anteriormente Música orixinal)
- Dirección de movemento (Dende a XXVII edición)
- Adaptación / tradución (Dende a II edición)
- Texto orixinal
- Actor secundario
- Actriz secundaria
- Actor protagonista
- Actriz protagonista
- Dirección
- Espectáculo Infantil (dende a XIX edición)
- Espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas (Dende a XXVII edición)
- Espectáculo
Ademais, o Premio de Honra Marisa Soto é outorgado pola Xunta Directiva da AAAG para recoñecer persoas e entidades de traxectoria e labor profesional encomiábel en prol do Teatro.