O Péndulo - Marta Pérez, Nerea Brey, Rosa Puga Davila
Volver

O Péndulo

Sinopse

Unha obra de teatro-documental que nos amosa como se desenvolveu a sublevación militar de 1936 e o inicio da Guerra Civil en Galicia. Este achegamento á nosa historia colectiva faise desde o persoal. Marta Pérez, co-dramaturga e actriz, trasládanos a experiencia do seu bisavó, Tirso Gómez Freijido, natural de Ribadavia e residente na Cañiza. Membro do Partido Socialista, republicano e presidente da Casa do Pobo da vila. Tirso foi apresado e fusilado no ano 1936 no Castro de Vigo, xunto cos seus camaradas Justo Moure, Jesús Pérez e Antonio Mojón. Outro veciño da localidade, Benjamín Malvar, apareceu asasinado nunha gabia. Xunto con eles foi apresada tamén María Gómez, alcaldesa da Cañiza, pertencente a Esquerda Republicana, a única muller que exerceu ese cargo en Galicia durante a Segunda República. Esta última conseguiu salvarse do fusilamento no último momento, alegando un falso embarazo. Foi condenada a cadea perpetua e rematou vivindo en Lugo coa anarquista Urania Mella.

Web:

www.inversateatro.com

Candidaturas

  • Espectáculo : O Péndulo
  • Actriz Secundaria : Nerea Brey
  • Actriz Protagonista : Marta Pérez
  • Vestiario : Inversa Teatro
  • Iluminación : Carlos Álvarez-Ossorio
  • Texto Orixinal : Ernesto Is e Marta Pérez
  • Dirección : Carlos Álvarez-Ossorio
  • Espazo sonoro : Jesús Andrés Tejada
  • Espazo escénico : Carlos Álvarez-Ossorio
  • Actriz Secundaria : Rosa Puga Davila

Compañía

Inversa Teatro

Data estrea:

04 de marzo de 2022

Contacto

Descargar programa