Pupeiriña
Volver

A Meiga da Fonte

Sinopse

A meiga Silva vive nunha fonte que concede desexos á xente de bo corazón. Cada ano, a fada Pupeiriña, axúdaa a conxurar un meigallo para manter os seus poderes, pero ultimamente anda moi distraída co TikTok, xa que pretende ser a primeira fada influencer. Grazas ás súas publicacións unha malvada Lambirón localiza á súa amiga Silva e envelena as augas da fonte. Pupeiriña, precisará a axuda de Diantre e dos nenos e nenas do público para rescatar a Silva e recuperar o poder das augas. Neste musical orixinal, conxúganse tradición e actualidade. Mediante figuras do imaxinario popular galego, alértase das consecuencias do mal uso da tecnoloxía e das redes sociais. Asemade, ponse en valor o patrimonio natural galego e proponse o seu mantemento mediande a colaboración veciñal.

Web:

https://musicalocandil.webnode.es

Candidaturas

  • Espectáculo Infantil : A Meiga da fonte
  • Actriz Protagonista : Camila Ferreyra Romero
  • Actriz Protagonista : Sara Fandiño
  • Vestiario : Escola Galega de Teatro Musical (María Lavandeira)
  • Iluminación : Laura R. Duarte
  • Texto Orixinal : Belén Puime e Sara Fandiño
  • Espacio sonoro : Alexandro González e Sara Fandiño.
  • Espacio escénico : Escola Galega de Teatro Musical (Carolina González)
  • Dirección : Sara Fandiño

Compañía

Escola Galega de Teatro Musical

Data estrea:

29 de maio de 2021

Contacto

Descargar programa