Xosé A. Touriñán, Manuel Cortés, Christian Escuredo, Xoán Fórneas, Isabel Garrido, Sergio Zearreta
Volver

Recortes, caneos e outras formas de driblar

Sinopse

Recortes, caneos e outras formas de driblar recrea un de tantos partidos de fútbol do século a través do comportamento de xogadores, adestradores, xornalistas, directivos, árbitros, seareiros e demais personaxes principais, secundarios ou figurantes que conforman o espectáculo futbolístico. Baseado nunha investigación xornalística de Nacho Carretero, Recortes é unha mirada desde o teatro ao mundo do fútbol e todo o que o rodea. Un paseo lúdico, crítico e musical sobre o espectáculo futbolístico que percorre a súa cara máis radiante sen esquecer a máis sombría. Interpretado por Xosé A. Touriñán, Manuel Cortés, Christian Escuredo, Xoán Fórneas, Isabel Garrido e Sergio Zearreta, Recortes é unha viaxe emocionante ao interior das paixóns futbolísticas a través do humor e a música.

Web:

https://recortes.gal/

Candidaturas

  • Espectáculo : Recortes, caneos e outras formas de driblar
  • Actor Secundario : Manuel Cortés
  • Actor Secundario : Christian Escuredo
  • Actor Secundario : Xoán Fórneas
  • Actor Secundario : Sergio Zearreta
  • Actriz Secundaria : Isabel Garrido
  • Actor Protagonista : Xosé A. Touriñán
  • Vestiario : Laura Baena
  • Iluminación : Laura Iturralde
  • Adaptación/Tradución : José L. Prieto
  • Dirección : Tito Asorey
  • Dirección de movemento : Mónica García
  • Espazo sonoro : Vadim Yukhnevich
  • Espazo escénico : José Faro "Coti"

Compañía

Ainé Producións e Centro Dramático Galego

Data estrea:

29/09/2022

Contacto

Descargar programa