A Peste
Volver

A Peste

Sinopse

A peste é unha versión teatral de Cándido Pazó, inspirada na obra de Albert Camus, coa que reflexionar sobre o comportamento da sociedade e dos individuos durante situacións de crise. A historia conta o que sucede na cidade de Orán, a través da narración do doutor Rieux, durante unha praga de peste. A cidade vese asediada e os seus habitantes sometidos a unha corentena. A obra céntrase nos avatares dos habitantes encerrados, en como se enfrontan á praga e lle buscan un sentido á súa situación: primeiro nunha loita egoísta pola supervivencia e, despois, a través do esforzo colectivo e comunitario. Ao longo dun ano, a peste progresa ata que a dan controlado e desaparece. O pobo celebra con alegría a fin da peste, salvo o doutor Rieux que, tras o sacrificio fútil e a perda de seres queridos, só presenta un optimismo cauteloso, sabendo que a praga pode volver no futuro.

Web:

http://centrodramatico.xunta.gal/cdg/centro/obra_h.php?id=cdg_obra9063&lg=gal

Candidaturas

  • Espectáculo : A Peste
  • Actor Secundario : César Cambeiro
  • Actor Secundario : Xurxo Cortázar
  • Actor Secundario : Salvador del Río
  • Actor Secundario : Miquel Ínsua
  • Actor Secundario : Tone Martínez
  • Actor Secundario : Marcos Orsi
  • Actor Secundario : Santi Romay
  • Actor Secundario : Carlos Sante
  • Actriz Secundaria : Casilda G. Alfaro
  • Actriz Secundaria : Paku Granxa
  • Actriz Secundaria : Rebeca Montero
  • Actriz Secundaria : María Roja
  • Actor Protagonista : Nacho Castaño
  • Actor Protagonista : Luís Iglesia B.
  • Actor Protagonista : Evaristo Calvo
  • Vestiario : Martina Cambeiro
  • Iluminación : Afonso Castro
  • Adaptación/Tradución : Cándido Pazó
  • Dirección : Cándido Pazó
  • Espazo sonoro : Guillerme Fernández
  • Espazo escénico : Dani Trillo

Compañía

Centro Dramático Galego

Data estrea:

20/01/22

Contacto

Descargar programa