un estado forte
Volver

Morgana en Esmelle

Sinopse

Unha obra que reescribe o mito cunha ollada contemporánea. Unha ollada la diferente sobre o mundo artúrico e a Terra de Miranda. Son os remorsos e as culpas sentimentos que nos acompañan toda a vida? Temos acaso dereito a esquecer os danos causados polas nosas decisións? Con preguntas semellantes, a chegada de Morgana racha a aparente serenidade coa que Merlín vive na fraga de Esmelle. Morgana, a medio irmá e amante de Artur entra na casa de Miranda en procura de respostas á súa infelicidade. Coa súa dor e coas lembranzas de Merlín vaise tecendo o fío da memoria ata descubrir as razóns últimas da ruína de Avalon e da caída de Camelot. Morgana en Esmelle é unha reflexión que xira ao redor da responsabilidade de asumir as consecuencias non desexadas de cada un dos nosos actos. Un debate sobre a necesidade de adoptar compromisos incómodos e implicarse nos momentos históricos. Sacrificada na loita entre dúas concepcións do mundo, Morgana interróganos sobre a lexitimidade das nosas razóns; mais, acaso a súa condición de vítima faina máis inocente?

Web:

www.sarabelateatro.com

Candidaturas

  • Dirección : Ánxeles Cuña Bóveda
  • Adaptación/Tradución : Ánxeles Cuña Bóveda
  • Actor Secundario : Fernando Dacosta
  • Actriz Secundaria : Elena Seijo
  • Actriz Secundaria : Sabela Gago
  • Actriz Secundaria : Fina Calleja
  • Actor Protagonista : Quico Cadaval
  • Actriz Protagonista : Laura Míguez
  • Maquillaxe : Sarabela Teatro
  • Vestiario : Ruth D. Pereira
  • Iluminación : Pedro Fresneda
  • Escenografía : Pedro Fresneda
  • Espectáculo : Morgana en Esmelle

Compañía

Sarabela Teatro

Data estrea:

17/09/2021

Contacto

Descargar programa