Volver
Do pracer e da morte
Sinopse
Nesta peza con tinturas oníricas e mesmo surrealistas por momentos entretécense as actrices e actores coas súas circunstancias, Boccaccio e a súa crónica da Peste Negra no Decamerón ou El Bosco e as súas delicias inclasificables.
Tres planos que se superpoñen por momentos e noutros se afastan para proxectar as súas propias luces sobre a necesidade de saciar as angueiras, os límites do que nos define como criaturas humanas e o temor á propia caducidade. Todo isto sen renunciar á música, á poesía e ao humor retranqueiro que define o ton do traballo d’A Feroz.
A obediencia, a autoridade, a curiosidade, a subalternidade, o medo á extinción, a urxencia do desexo, a incerteza e a praga... todos estes elementos compoñen un fresco dunha humanidade que quizais non mudou moito nos derradeiros sete séculos.
En definitiva: Do pracer e da morte é unha danza da morte medieval no aparcadoiro do Carrefour un sábado pola tarde.
Web:
https://aferoz.gal/Candidaturas
- Espectáculo : Do pracer e da Morte
- Actor Protagonista : Diego Salgado
- Actor Protagonista : Gustavo Freire
- Actriz Protagonista : Inés Salvado Gontad
- Actriz Protagonista : Beatriz Romero
- Maquillaxe : A feroz
- Vestiario : Montse Piñeiro
- Iluminación : Monte Piñeiro e Jose Faro "Coti"
- Escenografía : Monte Piñeiro e Jose Faro "Coti"
- Música Orixinal : Manuel Abraldes
- Texto Orixinal : Lorena Conde
- Dirección : Borja Fernández e Lorena Conde
Compañía
A Feroz
Data estrea:
16/04/2021
Contacto
- aferozferoz@gmail.com
- 658550738
- https://aferoz.gal/