apestada
Volver

Do pracer e da morte

Sinopse

Nesta peza con tinturas oníricas e mesmo surrealistas por momentos entretécense as actrices e actores coas súas circunstancias, Boccaccio e a súa crónica da Peste Negra no Decamerón ou El Bosco e as súas delicias inclasificables. Tres planos que se superpoñen por momentos e noutros se afastan para proxectar as súas propias luces sobre a necesidade de saciar as angueiras, os límites do que nos define como criaturas humanas e o temor á propia caducidade. Todo isto sen renunciar á música, á poesía e ao humor retranqueiro que define o ton do traballo d’A Feroz. A obediencia, a autoridade, a curiosidade, a subalternidade, o medo á extinción, a urxencia do desexo, a incerteza e a praga... todos estes elementos compoñen un fresco dunha humanidade que quizais non mudou moito nos derradeiros sete séculos. En definitiva: Do pracer e da morte é unha danza da morte medieval no aparcadoiro do Carrefour un sábado pola tarde.

Web:

https://aferoz.gal/

Candidaturas

  • Espectáculo : Do pracer e da Morte
  • Actor Protagonista : Diego Salgado
  • Actor Protagonista : Gustavo Freire
  • Actriz Protagonista : Inés Salvado Gontad
  • Actriz Protagonista : Beatriz Romero
  • Maquillaxe : A feroz
  • Vestiario : Montse Piñeiro
  • Iluminación : Monte Piñeiro e Jose Faro "Coti"
  • Escenografía : Monte Piñeiro e Jose Faro "Coti"
  • Música Orixinal : Manuel Abraldes
  • Texto Orixinal : Lorena Conde
  • Dirección : Borja Fernández e Lorena Conde

Compañía

A Feroz

Data estrea:

16/04/2021

Contacto

Descargar programa