Alén 1
Volver

Alén

Sinopse

Un velorio dos de antes nunha aldea perdida. Un gato desesperado. Un móbil que o rompe todo... e dous irmáns que por querer facelo ben, viven máis dunha situación estrambótica dentro da casa familiar. Alén narra a viaxe física e espiritual que realizan dous personaxes ao improvisar as exequias da súa nai, dúas personalidades moi distintas que terán que poñerse de acordo en cuestións tan básicas como que facer co cadáver. Unha comedia negra arredor da morte na Galicia tradicional e o choque desta cultura coa visión máis actual e urbana que fará rir ao espectador, deixando tamén un pouso de reflexión. Alén quere trasladar ao público unha serie de inquedanzas sobre o fatal asunto, como se é posible que haxa algo despois do óbito ou como afecta a morte dun ser querido nas relacións dos familiares que quedan... unha peza que, dende o humor negro, reflexiona sobre a nosa tradición e cultura do pasamento en todas as súas dimensións.

Web:

www.aformiga.eu

Candidaturas

  • Espectáculo : Alén
  • Actor Protagonista : Daniel Celester
  • Actriz Protagonista : Silvia Lorenzo
  • Vestiario : Silvia Lorenzo e Daniel Celester
  • Iluminación : Gustavo del Río
  • Escenografía : Paula Andrade
  • Música Orixinal : A Compañía e Javier Cedrón
  • Texto Orixinal : Silvia Lorenzo e Daniel Celester
  • Dirección : Gustavo del Río

Compañía

A Formiga Producións Teatrais

Data estrea:

27/3/2021

Contacto

Descargar programa