
Volver
Libre coma os paxaros
Sinopse
A base fundamental deste espectáculo son textos de Rosalía de Castro -lieders, poemas, artigos, prólogos-, engarzados con outros materiais que conforman unha vía para transitar pola biografía e o pensamento da nosa autora, e tamén polo seu compromiso diante de acontecementos e conflitos sociais que son sorprendente reflexo dos que hoxe nos acosan.
Rosalía, muller galega, filla de nai solteira e de pai cura, proclámase posuidora da súa liberdade. Declara non acatar mandatos dos seus iguais, o seu amor pola literatura e a lingua do seu país, e o seu respecto e admiración polas escravizadas mulleres do seu pobo. Denuncia o espolio do patrimonio forestal e a traxedia da emigración á que se ven obrigados centos de miles de compatriotas para poder sobrevivir, eles e as súas familias, á fame e a miseria.
Web:
www.teatrodoatlantico.comCandidaturas
- Espectáculo : Libre coma os paxaros
- Actriz Protagonista : María Barcala
- Vestiario : Susa Porto
- Música Orixinal : Vadim Yukhnevich
- Adaptación/Tradución : Xúlio Lago
- Dirección : Xúlio Lago
Compañía
Teatro do Atlántico
Data estrea:
12/03/2021