María Barcala, en Libre coma os paxaros
Volver

Libre coma os paxaros

Sinopse

A base fundamental deste espectáculo son textos de Rosalía de Castro -lieders, poemas, artigos, prólogos-, engarzados con outros materiais que conforman unha vía para transitar pola biografía e o pensamento da nosa autora, e tamén polo seu compromiso diante de acontecementos e conflitos sociais que son sorprendente reflexo dos que hoxe nos acosan. Rosalía, muller galega, filla de nai solteira e de pai cura, proclámase posuidora da súa liberdade. Declara non acatar mandatos dos seus iguais, o seu amor pola literatura e a lingua do seu país, e o seu respecto e admiración polas escravizadas mulleres do seu pobo. Denuncia o espolio do patrimonio forestal e a traxedia da emigración á que se ven obrigados centos de miles de compatriotas para poder sobrevivir, eles e as súas familias, á fame e a miseria.

Web:

www.teatrodoatlantico.com

Candidaturas

  • Espectáculo : Libre coma os paxaros
  • Actriz Protagonista : María Barcala
  • Vestiario : Susa Porto
  • Música Orixinal : Vadim Yukhnevich
  • Adaptación/Tradución : Xúlio Lago
  • Dirección : Xúlio Lago

Compañía

Teatro do Atlántico

Data estrea:

12/03/2021

Contacto

Descargar programa