CUBO aberto
Volver

Cubo

Sinopse

En escena, un cubo de 2 metros de lado onde habitan dous personaxes. Ela, curiosa e decidida, el, tenro e divertido. Ela, con vontade de descubrir o mundo, está preparada para ser a capitana do barco que os guíe nas súas aventuras. El, confortable na seguridade do seu cubo, resistese a abandonar os seus hábitos e mudalos por horizontes descoñecidos. Xogan, cantan, rin, pelexan e berran. Un día, a curiosidade invade o seu cubo e deciden que queren ir máis lonxe e descubrir o mundo enteiro. Sempre conseguiron chegar a acordos ata hoxe, mais no momento de elixir o seu destino non son quen de chegar a un consenso. Ela quere viaxar cara un lado en busca de preguntas e o el quere buscar respostas na dirección oposta. Que solución atoparán? Norte, Sur, Este ou Oeste? Xuntos ou separados?

Web:

http://elefanteelegante.net/GL/espectaculo-detalle/cubo

Candidaturas

  • Espectáculo Infantil : Cubo
  • Actor Protagonista : Gonçalo Guerreiro
  • Actriz Protagonista : María Torres
  • Vestiario : Carolina Díguele
  • Iluminación : Nacho Martín
  • Escenografía : Gonçalo Guerreiro
  • Música Orixinal : Manuel Fonte, Miguel Paz
  • Texto Orixinal : Tiago Alves Costa
  • Dirección : María Torres, Gonçalo Guerreiro

Compañía

Elefante Elegante

Data estrea:

23/05/2021

Contacto

Descargar programa