DROP, de Pistacatro. Foto: Rubén Vilanova
Volver

DROP

Sinopse

Onde residen os obxectos? Os obxectos, cando están quietos, apoiados no chan, sobre as súas bases, poden ser útiles, belos, oportunos, chamativos ou discretos … pero, non están vivos. O lugar no que os obxectos destellan e se inflama coa vida, onde realmente arden de vida, é no ar. É por esto que volvémonos tolos cos globos, coas pompas de xabrón, os drons, os as cometas e as estrelas. Drop é un espectáculo de malabares, pero tamén, e sobre todo, Drop é un espectáculo de malabaristas. Personas que desenvolven unha cualidad especial para manter obxectos flotando no ar. Un xogo de nenos convertido nun xeito de vida. Pero fora diso e ó igual que o resto das persoas, os nenos medran e conviven co seu entorno, cos seus retos, os seus problemas, os seus atributos e carencias, e tratan de manter todo no ar para sobrevivir nun lugar no que todo remata caendo. Por iso Drop xoga, constantemente e máis que nunca, coa metáfora que compara ós malabares coa vida. E lémbranos que, dalgún xeito, todas e todos somos grandes malabaristas. Catro malabaristas e un pianista convídannos a vivir no mundo dos soños, no que ollamos patróns, coreografías de obxectos, debuxos no ar que non son outra cousa que os problemas e as tarefas do día a día de calquera de nos. E, durante unha hora, se non se cae o mundo, farannos sair do chan e voltar a caer para lembrarnos que, isto da vida, non é máis que un xogo.

Web:

http://www.pistacatro.com/gl/drop/

Candidaturas

  • Espectáculo : Drop
  • Actor Protagonista : Pablo Reboleiro
  • Vestiario : Uxia Vaello
  • Iluminación : Octavio Más
  • Escenografía : Belém Brandido/José Perozo/Pablo Reboleiro
  • Música Orixinal : Nacho Muñoz
  • Texto Orixinal : Pablo Reboleiro/Diego Anido/José Expósito
  • Dirección : Pablo Reboleiro
  • Actor Protagonista : Aitor Garuz
  • Actor Protagonista : Guillermo Porta
  • Actor Protagonista : Santiago Montero

Compañía

Pistacatro produtora de soños

Data estrea:

20/03/2021

Contacto

Descargar programa