A lúa vai encuberta (Fotografía de Lucía R Regueiro)
Volver

A lúa vai encuberta

Sinopse

A LÚA VAI ENCUBERTA é a obra gañadora do II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais. ​ O proxecto A LÚA VAI ENCUBERTA xorde da unión das compañías Incendiaria e A Quinta do Cuadrante para poñer en pé un espectáculo multidisciplinar no que reflexionar arredor da identidade a través da música, o movemento, as imaxes e a palabra. ​ A LÚA VAI ENCUBERTA é unha proposta de teatro documental na que, tomando a peza completa de Manuel María, a equipa dialoga desde a actualidade coa historia recente de Galicia. ​ A LÚA VAI ENCUBERTA busca poñer en valor a capacidade educativa do teatro como instrumento de concienciación arredor da nosa identidade, de reivindicación dos nosos dereitos como individuos e como pobo. ​ A LÚA VAI ENCUBERTA é unha peza que afonda na nosa historia contemporánea, trasladando un debate necesario á sociedade. ​ A LÚA VAI ENCUBERTA é unha posta en escena dinámica, divertida e emocionante que pode ser vista e gozada por todo tipo de público, sen caer en elitismos escénicos pero sen claudicar da experimentación artística. ​ A LÚA VAI ENCUBERTA mestura as formas de teatro máis popular (cabaret, musical, farsa) coas formas contemporáneas de achegarnos ao escénico (teatro documento), baixo o paraugas poético e escénico que ofrecen as palabras dunha voz esencial para comprendernos como país como é a de Manuel María. A LÚA VAI ENCUBERTA é un espectáculo coproducido por Incendiaria, A Quinta do Cuadrante, Casa Museo MAnuel María, Centro Dramático Galego e a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas co Patrocinio das Deputacións de Ourense, A Coruña e Lugo.

Web:

https://www.incendiaria.net/a-lúa-vai-encuberta

Candidaturas

  • Espectáculo : A lúa vai encuberta
  • Actor Secundario : Tito Asorey
  • Actriz Secundaria : Vanesa Sotelo
  • Actor Protagonista : Davide González
  • Actriz Protagonista : Melania Cruz
  • Vestiario : Carlos Alonso
  • Iluminación : Laura Iturralde
  • Escenografía : Carlos Alonso
  • Música Orixinal : Davide González
  • Adaptación/Tradución : Vanesa Sotelo
  • Dirección : Tito Asorey

Compañía

Incendiaria - A Quinta do Cuadrante

Data estrea:

10 de Setembro de 2021

Contacto

Descargar programa