Monstruo de Lixo
Volver

Lixo

Sinopse

Sempre a correr chegan Plié e Relevé ao teatro para mostrar a “Gran coreografía”. O público xa está preparado para ver a función, elas colocan os seus tutús a música comeza a soar... pero, para a súa sorpresa, a súa escenografía non está no escenario! En troques desta atopan unha montaña de plásticos. E quen foi a que fixo, esta montaña de lixo? Estará a súa estrutura, debaixo de tanta varredura? Farán un espectáculo fantástico, a partires de todo este plástico? “Lixo”; unha obra en lingua galega, na que se pon de relevo unha das problemáticas do nosos días: o uso excesivo do plástico. Na obra facémonos a seguinte cuestión: “onde vai parar todo o plástico que deixamos sen recoller?” Lixo é un espectáculo no que se pon de relevo a imaxe e o espazo sonoro. Grazas ao uso das luces, a plasticidade do material empregado e ao movemento conseguimos crear escenas de gran beleza visual, e grazas ao emprego de pareados conseguimos gran musicalidade nos textos. As protagonistas son dúas bailadeiras moi peculiares que ademais de falar en pareado, móvense con pasos de ballet inventados e axúdanse das luces para crear diferentes atmosferas ao longo do espectáculo, dando así ritmo e rima á obra. A escenografía está creada a partires de plástico reciclado (rescatamos bolsas e diferentes plásticos de comercios, outros de uso cotiá e esqueletos de tendas de campaña). Esta idea partiu da mítica frase de La Bruja Avería : “La basura es cultura”. Por iso fixemos cultura coa varredura.

Web:

http://www.obauldatiatola.com

Candidaturas

  • Espectáculo Infantil
  • Actriz Protagonista : Soraya Paradela
  • Actriz Protagonista : Anna Cañadillas
  • Vestiario : La Canalla
  • Iluminación : Óscar Mosquera
  • Escenografía : O Baúl da tía Tola
  • Texto Orixinal : O Baúl da tía Tola
  • Dirección : Alfredo Rodríguez
  • Espectáculo Infantil : Lixo

Compañía

O Baúl da tía Tola

Data estrea:

22/11/2019

Contacto

Descargar programa