o mascaron
Volver

Poeta en Nova York

Sinopse

Esta viaxe farémola principalmente a través de tres personaxes que desembocan no propio Lorca, dende un faiado en Granada ata unha azotea de Nova York. TRAXE Cada un de nós amosa varias máscaras ou traxes para poder afrontar a realidade e que nos axudan a ocultarnos, a enganarnos, a facilitarnos (a priori) a existencia... pero esa máscara, ás veces, pódenos afogar. FORMA Cada un de nós busca a súa verdadeira forma, a súa verdadeira identidade, pero segundo a busca decátase de que estaba máis preto do que esperaba. CINZ A Para poder atopar a nosa propia identidade moitas veces é preciso perderse, atravesar infernos, queimarse e converterse en cinza, para despois rexurdir con forza cal ave fénix. ESPIDO É a forma pura, onde podemos ser nós mesmos, sen aparencias, sen medos. Teatro baixo da area presenta unha adaptación teatral de Poeta en Nova York de Federico García Lorca, unha obra permanentemente moderna e de irremediable actualidade, nunha proposta escénica contemporánea, abordando as temáticas e os conceptos presentes no poemario dende a experimentación e a honestidade. Viaxaremos con Lorca por un Nova York nada lonxano aos temas actuais da nosa sociedade, vinculándoos coa nosa realidade actual e recollendo a súa labor de denuncia dende o noso compromiso social. Lorca quere espertar a unha parte enferma da sociedade que non quere saber. Detecta o shock dunha conciencia sobreestimulada, a negación de todo estado contemplativo, a melancolía e a soidade do individuo nun centro de lóxica da carencia na que se funda o capitalismo. O espacio escénico desenvolvese en 360 graos co público no escenario.

Web:

https://producionspalomalugilde.es

Candidaturas

  • Espectáculo
  • Actor Protagonista : Miguel Torres
  • Actriz Protagonista : Paloma Lugilde
  • Actriz Protagonista : Raquel Velasco
  • Vestiario : Maite Abuin
  • Iluminación : Alfredo Sarille
  • Escenografía : Paloma Lugilde
  • Música Orixinal : Carlos Díaz
  • Adaptación/Tradución : Xoan C.Laxe, Rosa Moledo, Paloma Lugilde
  • Dirección : Paloma Lugilde Rodríguez
  • Espectáculo : Poeta en Nova York

Compañía

Teatro baixo da area

Data estrea:

27 /01/2020

Contacto

Descargar programa