O CANDIL
Volver

O Candil. Un musical galego

Sinopse

Carmela, tras unha longa xornada cargando peixe no porto da Coruña, consegue colarse nunha sala do Pabillón Lino, un famoso teatro de variedades. Vai acompañada da súa amiga Marica, unha atolada tabaqueira. Alí coñecerán a Elvira, sofisticada cupletista que organiza festas clandestinas para as grandes personalidades do momento. Esta, ve nas dúas mulleres boas calidades artísticas e invitaas a participar no seu show. Carmela e Marica aceptan, case perdendo de vista o propósito oculto que as levou o teatro. O conflito moral, político, ideolóxico e relixioso condiciona a vida destas tres mulleres, con pensamentos moi distintos, que tratan de buscar un lugar puro e cordial que ocupar no mundo fronte os momentos de cambio e confusión la mentalidade global. Neste percorrido histórico pola Galicia dos tolos anos 20, xogan un gran papel as “Irmandades da Fala” antigo centro motor da cultura, a sociedade e la política galegas que deixan espazo á nova voz feminina, agrupada nas Irmandades Feministas. É novembro de 1919. Os nosos espectadores acoden á festa clandestina organizada pola Lavandeira, cupletista de pouca fama, encargada do coidado do Pabillón Lino. Todos pertencen á Irmandade Coruñesa, que celebra o seu éxito de afiliación, e todos veranse na obriga de participar do humor do espectáculo, cantando, bailando e desempeñando as distintas tarefas que a mestra de cerimonias lles encomende. A través das nosas cancións máis populares, actualizamos o espazo da nosa música dentro do teatro moderno, recoñecendo o seu papel, clave na conservación da cultura. Non so queremos difundir a nosa tradición oral senon agradecer ós nosos antepasados, avós e sobre todo avoas, que a mantivesen viva cos seus cánticos.

Web:

https://musicalocandil.webnode.es

Candidaturas

  • Espectáculo
  • Actriz Secundaria : Lucía Sá
  • Actriz Protagonista : Sara Fandiño
  • Maquillaxe : EGTM
  • Vestiario : María Vázquez
  • Iluminación : Antón Arias Marsal
  • Escenografía : J.E. Ortiz
  • Música Orixinal : Lucas López López
  • Texto Orixinal : Sara Fandiño e Lucía Sá
  • Dirección : Rosa Puga
  • Actriz Secundaria : Iria Lamas
  • Espectáculo : O Candil. Un musical galego

Compañía

Escola Galega de Teatro Musical

Data estrea:

24/01/2020

Contacto

Descargar programa