A Cabeza do Dragón 1
Volver

A Cabeza do Dragón

Sinopse

"A Cabeza do Dragón” foi incluída polo autor, Ramón María del Valle-Inclán, nunha coleción de farsas que, titulou, irónicamente, “Retábulo de marionetas para educación de príncipes”. A historia conta, mais unha vez, a viaxe ao corazón do dragón que se narra en todas as culturas do mundo, e tamen na nosa, a cultura europea. Un príncipe, Verdemar, foxe do reino materno por ter desobedecido o rei, seu pai. No seu camiñar, cheo de experiencias, vai dar ao reino de Micomicón, que está a tremer baixo o alento fétido do Dragón. Como é costume, débenlle entregar a princesa Brancaflor ao monstruo se queren salvar as vidas e as facendas do reino. Mascarado para ocultar a súa identidade, Verdemar mata o Dragón coa espada máxica e desaparece. Un capitán de bandidos, Espandián, topa a cabeza do monstro, e con ela vai reclamar o premio: a man da princesa e a coroa do reino. Ela rexeita o impostor, e aqui é onde traballa o Duende, que leva toda a historia a cuidar do príncipe en pago dunha antiga débeda: a libertade. Esta fabula, que é do dominio público, está brillantemente manipulado polo autor. Valle-Inclán introduce elementos actuais, crítica social, brincadeiras políticas, anacronismos argumentais, comentarios alleos á tradición do conto marabilloso... A función liberadora do riso, a corrupción política, a violencia machista, a anacrónica institución da monarquía, o medo á liberdade ou a banalización do amor romántico son temas da obra que continúan de actualidade. Valle-Inclán, coas oportunas manipulacións, leva a fábula ao grotesco contemporáneo que él creou: o esperpento. Entre a magnética influencia do Xapón e a potente tradición da farsa europea, chea de máscaras e de acrobáticos combates, móvese esta primeira versión galega de “A Cabeza do Dragón” no 80 aniversario da morte de Valle-Inclán.

Web:

www.facebook.com/acabezadodragon

Candidaturas

  • Espectáculo : A Cabeza do Dragón
  • Actor Secundario : Josito Porto
  • Actor Secundario : Marcos Orsi
  • Actor Secundario : Víctor Mosqueira Premiado/a
  • Actriz Secundaria : Patricia Vázquez
  • Actriz Secundaria : María Costas
  • Actor Protagonista : Iván Marcos Premiado/a
  • Actriz Protagonista : Yelena Molina
  • Vestiario : Suso Montero Premiado/a
  • Iluminación : Baltasar Patiño
  • Escenografía : Baltasar Patiño
  • Música Orixinal : Javier María López e o TAC
  • Adaptación/Tradución : Quico Cadaval
  • Dirección : Quico Cadaval

Compañía

Producións Teatráis Excéntricas

Data estrea:

03/03/2017

Contacto

Descargar programa