presidente
Volver

Presidente

Sinopse

En plena campaña electoral, coas enquisas vaticinando a derrota electoral do seu partido, o PRESIDENTE do goberno e os seus asesores deciden tomar unha iniciativa desesperada: o PRESIDENTE visitará persoalmente ós votantes nas súas casas para convencelos de que o voten. Distintas familias recibirán nas súas casas, sen previo aviso, a inesperada visita do PRESIDENTE. Unha familia humilde en situación crítica cos seus membros en paro, unha familia ultraconservadora preocupada pola perda dos valores tradicionais, ou unha familia monoparental antisistema, escoitarán de súpeto como soa o timbre da súa porta e ante eles aparece o PRESIDENTE disposto a convencelos de que a súa opción é a mellor. Conseguirá o PRESIDENTE o voto de xente tan variada, darlle a volta ás enquisas e continuar gobernando outros catro anos? Coñecerán o resultado das eleccións ó final desta comedia electoral de manipulación política: PRESIDENTE.

Web:

teatrodomorcego.com

Candidaturas

  • Espectáculo : Presidente
  • Actor Secundario : Federico Pérez
  • Actor Secundario : César Goldi
  • Actriz Secundaria : Iolanda Muíños Premiado/a
  • Actor Protagonista : Celso Parada
  • Actriz Protagonista : Mercedes Castro
  • Vestiario : Carlos Alonso
  • Iluminación : David Deive
  • Escenografía : Carlos Alonso
  • Música Orixinal : Anxo Graña
  • Texto Orixinal : Jose Prieto
  • Dirección : Jose Prieto

Compañía

Teatro do Morcego

Data estrea:

18/09/2016

Contacto

Descargar programa