Volver

Noite de Reis (ou o que queirades)

Sinopse

Sebastián e Violeta, irmáns xemelgos, naufragan ante a costa de Ilíria. Violeta consegue chegar case sen vida á praia. Ela cre que Sebastián morreu. Vestida de home e facéndose pasar por un paxe novo co nome de Cesario, pasa a servir na corte do duque Orsino que está 'poética, apaixonada e desesperadamente namorado' da aflixida Lady Olivia, que o rexeita continuamente. Orsino utiliza a Cesario como confidente e como mensaxeiro para declararlle o seu amor a Olivia, pero Cesario -Violeta, en realidade- comeza a namorarse de Orsino mentres que Olivia, pola súa banda, se namora do mensaxeiro, que é Cesario. Namentres, Malvolio, servidor de Olivia, perseguirá o amor da súa ama e, a causa dunha confusión amañada, crerase correspondido, producíndose unha serie de situacións hilarantes que o levaran case a entolecer. Ao mesmo tempo, Antonio, capitán de barco, conseguiu rescatar do mar a Sebastián. Ambos desembarcan en Ilíria. A presenza de Sebastián na cidade será o comezo do fin do enredo.

Candidaturas

  • Actor Secundario : Xan Cejudo Premiado/a
  • Actriz Protagonista : Rebeca Montero
  • Dirección : Quico Cadaval Premiado/a
  • Escenografía : Baltasar Patiño Premiado/a
  • Vestiario : Gilda Bonpresa Premiado/a
  • Espectáculo : Noite de Reis (ou o que queirades) Premiado/a

Compañía

Centro Dramático Galego