Volver
Macbeth
Sinopse
A historia da humanidade é a historia da loita violenta polo poder, conclúe Shakespeare na que é considerada a súa última obra: “A tempestade”, traicións, tentativas de usurpación, usurpacións mesmas ocupan cada unha das tramas como un mecanismo que se repetise ata o infinito.
Só uns anos antes, o autor inglés mergullárase nos aspectos máis tenebrosos da alma humana para observar a historia dende unha traxedia íntima, familiar que alcanza o interese xeral: “Macbeth”.
O heroe-vilán, cun nome que dá título á traxedia, e a súa esposa, movidos por unha ambición sen límites morais, conseguen o trono de Escocia mediante o asasinato, desatando un inferno que non son quen de controlar. Macbeth é demasiado ambicioso para que a súa conciencia impida o asasinato e ten demasiada conciencia para ser feliz como asasino.
Web:
sarabelateatro.comCandidaturas
- Maquillaxe : Carmela Montero Premiado/a
Compañía
Sarabela Teatro