Volver

Unha primavera para Aldara

Sinopse

As monxas residentes no mosteiro de Santa María están a pasar por un momento difícil no que atinxe á súa subsistencia; os medios económicos non alcanzan e os arrendatarios das súas terras hai tempo que non lles fan pago das rendas. No exterior é tempo de revoltas; e contra dos abusos dos nobres feudais, que fixeron dos tributos e dos dereitos señoriais un agravio permanente en contra dos labregos, con frecuentes violacións de señores e soldados sobre as persoas e as propiedades, estase a producir un crecente movemento de rebeldía: estoupa a REVOLTA IRMANDIÑA. Un criado chega ao convento, solicitando acollida para o seu señor, cabaleiro irmandiño ferido gravemente na batalla e necesitado de refuxio e de coidados para sandar..... As monxas, logo de intensos debates xa que as regras non permiten presenza masculina no convento, deciden poñer por diante a misericordia e acoller ao forasteiro ata que se vexa curado das súas feridas......

Web:

http://www.teatrodoatlantico.com/index.php/gl/espectaculos-anteriores/19-aldara

Candidaturas

  • Dirección : Xúlio Lago Premiado/a
  • Actriz Protagonista : María Bouzas Premiado/a
  • Actor Secundario : Agustín Veiga
  • Actor Secundario : Marcos Correa
  • Actor Secundario : Xoan Carlos Mejuto
  • Actriz Secundaria : Amparo Malo
  • Actriz Secundaria : Belén Constenla
  • Actriz Secundaria : Josi Lage
  • Actriz Secundaria : Lucía Regueiro
  • Actriz Secundaria : María Barcala
  • Actriz Secundaria : Pilar Pereira
  • Escenografía : Carlos Alonso Premiado/a
  • Texto Orixinal : Teresa Moure Premiado/a
  • Iluminación : Xúlio Lago Premiado/a
  • Vestiario : Carlos Alonso Premiado/a
  • Espectáculo Premiado/a
  • Espectáculo

Compañía

Teatro do Atlántico

Descargar programa