Volver

Dame veleno, eu tamén soñar

Sinopse

Un avó e unha avoa, moi especiais, preocupados pola súa descendencia, tentan comunicarse con ela dende o alén. Un dos seus netos vive coa indefinible sensación do desaxuste co mundo, mentres as súas tías teñen a tola esperanza de poder axudar coas súas accións a facer máis levadeira a existencia dos infelices. Unha parella de actores disposta a non deixarse arrebatar a súa paixón. Outro neto perdido e recobrado; unha acompañante misteriosa, e un avogado a piques de perder o tren, tecerán un novelo fantástico. Obra para disfrutar das sorprendentes sensacións que nos invaden cando non sabemos que nos espera detrás dunha porta, ou cando tentamos atrapar a verdadeira natureza dun grupo de seres humanos no trebón da vida ao límite.

Web:

http://www.sarabelateatro.com/obras-cartel/c-dame_veleno.html

Candidaturas

  • Dirección : Ánxeles Cuña Bóveda
  • Actor Protagonista : Fernando Dacosta
  • Actriz Protagonista : Elena Seijo
  • Actriz Protagonista : Sabela Gago
  • Actor Secundario : David Varela
  • Actor Secundario : Josito Porto
  • Actor Secundario : Tito R. Asorey
  • Actriz Secundaria : Fina Calleja
  • Actriz Secundaria : Nate Borrajo
  • Escenografía : Antonio Pereira
  • Texto Orixinal : Ánxeles Cuña Bóveda
  • Iluminación : Pedro Fresneda Martínez
  • Vestiario : Ruth D. Pereira
  • Maquillaxe : Cristina Couto Premiado/a

Compañía

Sarabela Teatro

Descargar programa