Volver
Kassa
Sinopse
KASSA reflexa a temática da vivenda. No inicio da acción a sociedade é seductora, próspera e optimista. A casa, coma un agasallo envolto en papel colorido, representa a realización do soño, da unión e da felicidade familiar. Pero un día esgótanse os recursos económicos colectivos e a família deixa de poder pagar as prestacións do seu soño. Que sorpresas lles reservará o futuro?
KASSA é un espectáculo de teatro visual, inspirado en “La Metamorfosis” de Franz Kafka, que se desenvolve ao redor dos principios da escultura. A estructura escenográfica, os actores, os bailaríns e as videoproxeccións constituen un organismo vivo en constante movemento e transformación que comunica a través dos sons, dos obxectos, das cores, das formas, das luces e dos textos.
Técnicas como o Video-mapping, a capacidade de xiro da estructura escenográfica e o uso do “live cinema” dotan a KASSA dun dinamismo especial moi estimulante que envolve o espectador na emoción da acción.
Web:
http://elefanteelegante.netCandidaturas
- Vestiario : Marcia Edleditsh
- Iluminación : Dani Pais
- Escenografía : Carolo Losada Soto Premiado/a
- Música Orixinal : Iria Pinheiro, Mónica de Nut, Juanma Ons, Mano Panforreteiro, Kibitka, Manuel Ares, Carlos Suárez, Suso Alonso, Gonçalo Guerreiro e Dani Pais.
- Texto Orixinal : María Torres e Gonçalo Guerreiro
- Actor Protagonista : Fredi Muíño
- Actor Protagonista : Gonçalo Guerreiro
- Actriz Protagonista : María Torres
- Actriz Protagonista : Marta Alonso Tejada.
- Dirección : María Torres e Gonçalo Guerreiro
- Espectáculo