Volver

As Mil Vidas de Matías Houseman

Sinopse

Monólogo traxicómico no que o actor Josito Porto interpreta a curiosa e polifacética vida de Matías Houseman, un home gris que racha coa súa monótona existencia para vivir todo o que soñou vivir. Matías Houseman chega a ser estrela da música, futbolista de primeira división, monologuista cómico, mafioso, líder espiritual e incluso presidente do goberno, entre outras moitas actividades e profesións polas que vai pasando durante a duración do espectáculo. Matías Houseman quixo vivir mil vidas, pero esqueceuse de vivir a máis importante... a súa.

Candidaturas

  • Vestiario : Afonso Castro
  • Maquillaxe : Afonso Castro
  • Iluminación : Afonso Castro
  • Escenografía : Afonso Castro
  • Música Orixinal : Factoría de Subsistencia
  • Texto Orixinal : Jose Prieto
  • Dirección : Jose Prieto
  • Actor Protagonista : Josito Porto Premiado/a
  • Espectáculo

Compañía

Teatro de Adro

Contacto