Volver

Viaxe a Ningunha parte

Sinopse

“A viaxe a ningunha parte” é unha magnífica obra narrativa contada maxistralmente por Fernando Fernán Gómez e que SARABELA TEATRO adapta ao teatro con auténtica paixón. É a historia duns “cómicos da legua” que vivían na España de hai unhas décadas e que percorrían camiños poeirentos ateigados de pobreza, co obxectivo de levar un sorriso, un respiro ás penurias dunha poboación gris, marcada pola miseria e a fame. O cine ambulante estaba acabando cunha das profesións máis entrañables, onde os cómicos eran vistos con desprezo polo resto da sociedade, pouco máis ca xente vagabunda de baixa moral e tendente á vida libertina. Estes actores e actrices guindábanse á intemperie a representar as súas funcións ambulantes, obras dos irmáns Quintero, de Buero Vallejo ou de Calderón de la Barca, entre outros.

Candidaturas

  • Adaptación/Tradución : Ánxeles Cuña Bóveda Premiado/a
  • Dirección : Ánxeles Cuña Bóveda
  • Actriz Secundaria : Elena Seijo
  • Actor Protagonista : Fernando Dacosta
  • Actriz Protagonista : Fina Calleja
  • Actor Protagonista : Jorge Casas
  • Actor Secundario : Josito Porto
  • Actor Secundario : Lino Braxe
  • Actriz Secundaria : Nate Borrajo
  • Iluminación : Pedro Fresneda
  • Maquillaxe : Raquel Fidalgo Premiado/a
  • Actriz Secundaria : Sabela Gago
  • Escenografía : Suso Montero
  • Vestiario : Suso Montero Premiado/a
  • Espectáculo

Compañía

Sarabela Teatro

Contacto