Volver

Oeste solitario

Sinopse

Unha casa afastada nas terras esquecidas do oeste de Irlanda. Ao pe da casa unha lagoa de augas escuras. Aló abaixo, a aldea; a carón da ría de Lennane. Nesa casa viven os protagonistas do Oeste Solitario; Valene e Coleman, os irmáns Connor. Despois de enterrar ao pai, cociñan lentamente o rancor, a intolerancia e o odio. A historia semella que só pode acabar dunha maneira: con un dos dous cranios, ou os dous, rebentados polo tiro dun cartucho do 12. Gileen, a rapariga que lles vende o alcohol ilegal; e o padre Welsh, patético parroco fracasado, interveñen na historia, provocando, involuntariamente, un xiro inesperado. OESTE SOLITARIO é unha obra de Martin McDonagh, autor tamén de UN CRANIO FURADO que EXCÉNTRICAS apresentou na tempada pasada, e que mereceu o aplauso do público e cinco premios Maria Casares. Con “Oeste Solitario”, Martin McDonagh fechou a súa Triloxía de Lennane.

Web:

http://excentricas.net

Candidaturas

  • Iluminación : Octavio Mas Premiado/a
  • Música Orixinal : Piti Sanz
  • Adaptación/Tradución : Avelino González Premiado/a
  • Escenografía : Marcelino de Santiago "Kukas"
  • Actriz Secundaria : María Lado
  • Actor Secundario : Marcos Correa
  • Actor Protagonista : Evaristo Calvo Premiado/a
  • Actor Protagonista : Víctor Mosqueira
  • Dirección : Quico Cadaval
  • Espectáculo

Compañía

Producións Teatráis Excéntricas

Contacto