Volver
Fala fala falangueira
Sinopse
O mundo das palabras amosado por dúas actrices que exploran como foron transmitidas de xeración en xeración, de Matrioshka a Matrioshka. Palabras que se moven entre a luz da memoria e do esquecemento, unhas usadas dende hai séculos, outras xa esquecidas, e outras recén estreadas, configurando momentos de diversión e reflexión, creando combinacións que abren as portas da curiosidade sobre a historia da nosa lingua entre o público familiar e infantil a partir de 7 anos.
Fala fala falangueira é un espectáculo que nace do amor e o respecto á nosa lingua galega.
Web:
https://matrioshkateatro.com/fala-fala-falangueira/Candidaturas
- Espectáculo Infantil : Fala fala falangueira
- Actriz Protagonista : Chelo do Rejo
- Actriz Protagonista : Anabell Gago
- Vestiario : Gena Baamonde
- Iluminación : Octavio Mas
- Texto Orixinal : Chelo do Rejo, Anabell Gago, Gena Baamonde
- Dirección : Gena Baamonde
- Espazo escénico : Gena Baamonde
Compañía
Matrioshka Teatro
Data estrea:
3 de Maio 2025