Primeiras puntadas. Entre fíos anda o lío.
Volver

Punto en boca: Entre fíos anda o lío

Sinopse

Unha muller, metade actriz, metade costureira, percorre o mundo co seu carromato: un fogar con rodas que é ao mesmo tempo escenario e taller. Viaxa soa, pero sempre acompañada. Xunto a ela, unha araña, discreta, incansable, tecedeira de silencios. Que acontece cando alguén tira dun fío que non debía? Que segredos agochan os tapices que levan séculos contando o mundo? É difícil comprender o xerxei cando só é un fío, pero ás veces abonda cun tirón para que todo o entramado comece a se revelar. Esta é unha historia sobre as mans que crean, as voces que narran e os fíos invisibles que tecen as nosas vidas. Espectáculo co-producido polo CDG.

Web:

https://www.instagram.com/raquigcrespo/

Candidaturas

  • Espectáculo : Punto en boca: Entre fíos anda o lío
  • Actriz Protagonista : Raquel Crespo
  • Vestiario : Susana Crespo
  • Texto Orixinal : Susana Crespo
  • Dirección : Raquel Crespo e Susana Crespo
  • Dirección de movemento : Raquel Crespo
  • Espazo sonoro : Xose Lois Romero
  • Espazo escénico : Raquel Crespo

Compañía

Raquel Crespo

Data estrea:

28/06/2025

Contacto