Alta Costura Principal
Volver

Alta Costura

Sinopse

Un espectáculo cómico, irónico e poético sobre a moda e a súa estreita relación co consumo, o recoñecemento social, a contaminación, a saúde e as condicións laborais. ALTA COSTURA retrata o percorrido da produción da roupa dende a orixe da materia prima empregada na fabricación dos tecidos ata a confección das pezas, a súa distribución e a perversidade dos mecanismos de reciclaxe. O espectáculo dá especial relevancia aos mecanismos de venda, ao espazo sensorial da tenda e á relación contemporánea que o gran público mantén co acto de mercar e tirar roupa. ALTA COSTURA detense detalladamente na “fast-fashion”: o momento da compra, a filosofía de mercado empregada polas principais marcas e pola rapidez con que os produtos se desvalorizan, caen en desuso e se transforman en residuos abundantes e altamente contaminantes. ALTA COSTURA é unha creación de teatro visual. A estrutura escénica, as actrices, os actores, as bailarinas, os bailaríns e a música constitúen un organismo vivo en constante movemento e transformación que comunica a través dos sons, dos obxectos, das cores, das formas, dos movementos e das palabras.

Web:

https://elefanteelegante.net/gl/espectaculos/alta-costura/

Candidaturas

  • Espectáculo : Alta Costura
  • Actor Secundario : Pablo Sánchez
  • Actriz Secundaria : Raquel Crespo
  • Actriz Secundaria : Sofía Espiñeira
  • Actriz Secundaria : María Torres
  • Vestiario : Carolina Díguele
  • Iluminación : Laura R. Duarte
  • Texto Orixinal : Tiago Alves Costa
  • Dirección : Gonçalo Guerreiro
  • Dirección de movemento : Gonçalo Guerreiro
  • Espazo sonoro : Manuel Fonte Loureiro
  • Espazo escénico : Gonçalo Guerreiro

Compañía

Elefante Elegante

Data estrea:

02/04/2025

Contacto