O Proceso 01
Volver

O Proceso

Sinopse

1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado. A partir destes feitos históricos Cándido Pazó constrúe unha peza teatral que, en ton de sainete cómico protagonizado por unha galería de personaxes populares do Ourense de finais do XIX, aborda con frescura e desenfado, pero con rigor e reflexión, a cuestión do hoxe en día chamado “lawfare”, así como outros temas (a lingua, a cultura, a identidade...) que seguen vixentes na actualidade.

Web:

https://malasombra.gal

Candidaturas

  • Espectáculo : O Proceso
  • Actor Secundario : Jouse García
  • Actor Protagonista : Marcos Orsi
  • Actriz Protagonista : Paula Pier
  • Vestiario : Diego Valeiras
  • Iluminación : Alfonso Castro
  • Texto Orixinal : Cándido Pazó
  • Dirección : Cándido Pazó
  • Espazo sonoro : Guille Fernández
  • Espazo escénico : Pablo Giráldez "Pastor"

Compañía

Malasombra

Data estrea:

07/02/2025

Contacto