Volver
Coa cabeza nas nubes
Sinopse
Coa cabeza nas nubes é un espectáculo multidisciplinar que combina teatro
xestual, clown e danza para público familiar.
En escena, dous personaxes conviven no mesmo espazo. Un deles, afogado
polo traballo, tenta sobrevivir baixo unha morea de papeis. As tarefas non
deixan de acumularse... non dá feito con todo o que hai que facer!
A súa compañeira, en vez de botarlle unha man, interrompe constantemente
e só pensa en xogar. Será posible que non atope tempo para xogar con ela?
Un pouquiño? Un instante sequera?
Entre ambos desátase unha divertida batalla chea de humor e acrobacias,
onde se confrontan dúas visións da vida. Canto tempo lle adicamos ao
traballo? E ao xogo? Estamos traballando demasiado? Queda aínda tempo
para xogar?
Un espectáculo cómico sobre o xogo no seu estado de máxima pureza e
sobre o adulto que esqueceu que algunha vez atrás tamén xogou.
Web:
https://soacia.comCandidaturas
- Espectáculo Infantil : Coa cabeza nas nubes
- Actor Protagonista : Martín Blanco Mouro
- Actriz Protagonista : Carlota Rosón Rojo
- Vestiario : Miriam Cartagena
- Iluminación : Violeta Martínez Rivera
- Dirección : Carlota Rosón Rojo e Martín Blanco Mouro
- Dirección de movemento : Martín Blanco Mouro
- Espazo sonoro : Elba Souto Pampín
- Espazo escénico : Marcos Covelo